top of page

QUE FAGO?

Ciclo Superior en Fotografía Artística

A fotografía serviu dende o seu nacemento para retratar o mundo, e grazas a ela podemos facernos unha idea do que aconteceu no mundo. A fotografía ten ese poder de gardar momentos, conxelar un instante que constrúes cun golpe de vista, e incluso pode inspirar sentimentos e emocións.

Baseándome nestes principios capto imaxes, momentos buscando que teñan unha historia detrás, que conten algo máis aló da propia imaxe.

Realizo sesións fotográficas de carácter social, produto, publicitarias, paisaxísticas…sempre sabendo o fin das propias fotografías. O que queren contar as persoas, a historia detrás das fotografías fai posible que non se queden en meras imaxes se non que transmitan emocións e sentimentos.

Os proxectos persoais son outro apartado no que explotar as miñas inquedanzas.

 

© 2018 Álvaro Estévez

bottom of page